A Meiga Sita e os poderes máxicos dos produtos de tempada | Samaín saudable

🎃🪄 A avoa máis máxica da cociña volveu! Este Samaín, a Meiga Sita prepara a súa sopita de verduras… que está de morte! 💀🥣 Abracadrabra, sapos, coruxos, trasnos e bruxas ✨👉Instagram Reel
Porque non hai nada que diga “tempada de sustos” como un caldeiro burbujeante cheo de cores outonais e sabor vexetal. 

🍎🍠 Maxia de outono: o poder dos produtos de tempada
O outono é tempo de colleita — o gran peche da natureza antes do inverno. Os mercados énchense de cabazas, batatas, cenorias, allos porros, repolos, mazás e peras, todos cargados de sabor, nutrientes e sabedoría da terra. 🌾
Cociñar con produtos de tempada non só realza o sabor e a frescura, senón que apoia aos produtores locais e reduce a pegada ambiental. Na cociña da Meiga Sita, cada froita e verdura ten un poder máxico: Cenoria para a vista, Mazá para o amor, allo porro para limpar o corpo e cabaza para a protección. 🧙‍♀️🌱

♻️🪄 Truco sostible de meiga
GGarda as peladuras e restos de verduras para facer caldo caseiro ou compost. Nada se tira — todo transfórmase! Porque mesmo as meigas cociñan sen desperdicio.🌿✨

📗 Curiosidade: Samhain (ou Samaín, en galego) é unha palabra gaélica que se pronuncia “SAH-win” — e de aí naceu Halloween.
Era unha antiga festividade celta que marcaba o final da colleita e o inicio do inverno. Críase que nesta noite máxica o veo entre o mundo dos vivos e o dos espíritos volvíase máis fino. 🔥✨ En Galicia e outros lugares do Atlántico, esta tradición segue viva… Os emigrantes levárona a América do Norte, onde co tempo evolucionou ata o Halloween que hoxe coñecemos.🧟‍♀️👻

💬🍂 Unha lenda para lembrar
Din que quen proba a sopita máxica da Meiga Sita… namórase do outono para sempre! 🍁
Celebrar Samaín ou Halloween de forma sostible e sen desperdicio non só é posible e alcanzable, senón tamén un delicioso paso cara a un planeta máis san. 🌍💚

Scroll ao inicio