Do Desperdicio ao Wow

Cociña sen receitas: sen desperdicio e vegana!

obradoiro de cociña

QUE PODES ESPERAR?
💡 Cociña sen receita. Aprende a deixarte levar polo teu instinto e a crear pratos deliciosos co que teñas dispoñible — ¡sen necesidade de cuncas medidoras!
♻️ Pratos veganos. Elabora comidas saborosas empregando excedentes como pan, froitas ou verduras.
🥦 Traballo en equipo. Cociña en grupos pequenos para crear pratos sorpresa — unha maneira divertida e colaborativa de aprender facendo e compartir ideas.
🌍 Valores circulares. Fiel á filosofía de Grandma Sita, este obradoiro une ás persoas a través da comida, da creatividade e do espírito comunitario. 

INFORMACIÓN 
🧑‍🍳 Formato: Presencial.
♻️ Impacto: Actuamos a nivel local, aproveitando excedentes de alimentos para evitar que ingredientes en bo estado se desperdicien.
🌱 Dieta: Comidas 100% vexetal. Non aptas para dietas sen glute.
⏱️ Duración: 2 horas (cocinado e xantar xuntxs).
👤 Idade: 18+ (nenxs benvidos se van acompañados dun adulto participante).
👥 Grupo reducido: 6–12 participantes.
🗣️ Idiomas: Inglés, español o galego.

👉 Perfecto para grupos interxeneracionais, actividades de equipo, cocinas comunitarias, clubs de cociña o calquera persoa curiosa por un estilo de vida máis sostible e sen desperdicios.

explora os nosos obradoiros

Pekes Cocinillas

Inspirados nas estacións e nas celebracións ao longo do ano, os nosos obradoiros sen desperdicio son perfectos para que peques e maiores aprendan xuntxs.

PANaventuras

Aprende a transformar o pan duro en pratos 100 % vexetais e ben saborosos — desde petiscos ata sobremesas — nun obradoiro divertido de cociña sen desperdicio.

Festa Sensorial Sen Desperdicio

Unha experiencia gastronómica interactiva sen desperdicio onde os sentidos cobran vida e dá pé a conversas sobre prácticas sostibles.

Obradoiro á Carta

Repensemos o que adoitamos tirar e deseñemos xuntxs solucións á túa medida para impulsar un cambio real contra o desperdicio alimentario.

Colaboramos por un futuro sen desperdicio?

Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades. 

Scroll ao inicio