Festa Sensorial Sen Desperdicio

A experiencia culinaria que esperta os sentidos

En Grandma Sita promovemos e desenvolvemos actividades educativas centradas na educación sensorial, baseadas na filosofía Slow Food. Aínda que o gusto soe ser o sentido ao que máis atención se lle presta, a experiencia sensorial vai moito máis alá. As nosas percepcións e eleccións están influídas pola combinación de todos os sentidos: a vista, o olfacto, o tacto e mesmo o oído, enriquecendo así a maneira en que gozamos e valoramos os alimentos e as bebidas.

QUE VAS VIVIR?
👋 Espertar os teus sentidos — Tacto, sabor, cheiro, vista e oído únense para ofrecerche unha experiencia completa e envolvente.
♻️ Cociña sen desperdicios — Aprende técnicas creativas para aproveitar ao máximo os alimentos que doutra forma acabarían no lixo e convérteos en pratos saborosos.
🤝 Conexións con sentido — Comparte historias, sabores e conversas arredor da mesa para que esta experiencia perdure na túa memoria.

INFORMACIÓN
🧑‍🍳 Formato: Presencial. 💻 Virtual: facilitación interactiva e dinámica.
♻️ Impacto: Actuamos a nivel local, aproveitando excedentes de alimentos para evitar que ingredientes en bo estado se desperdicien.
🌱 Dieta: Comidas 100% vexetal. Non aptas para dietas sen glute.
⏱️ Duración: 1.5 horas (cocinado e xantar xuntxs).
👤 Idade: 18+ (nenxs benvidxs se van acompañados dun adulto participante).
👥 Grupo reducido: 6–12 participantes.
🗣️ Idiomas: Inglés, español o galego.

📌 BONUS
Ofrecemos obradoiros personalizados e accesibles para crear unha experiencia sensorial inclusiva e sen residuos — contacta connosco para adaptalo ás túas necesidades.

Hai para todos os gustos

Segue explorando obradoiros

Pekes Cocinillas

Inspirados nas estacións e nas celebracións ao longo do ano, os nosos obradoiros sen desperdicio son perfectos para que peques e "grandes" aprendan xuntxs.

Do Desperdicio ao Wow

Atrévete a cociñar sen receitas, guiándote pola túa intuición; transforma o desperdicio en creatividade e goza dun xantar 100 % vexetal.

PANaventuras

Aprende a transformar o pan duro en pratos 100 % vexetais e ben saborosos — desde petiscos ata sobremesas — nun obradoiro divertido de cociña sen desperdicio.

Obradoiro á Carta

Repensemos o que adoitamos tirar e deseñemos xuntxs solucións á túa medida para impulsar un cambio real contra o desperdicio alimentario.

Colaboramos por un futuro sen desperdicio?

Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades. 

Scroll ao inicio