Obradoiro á Carta
Menos desperdicio, máis imaxinación








- Creatividade que transforma, sustentabilidade que inspira
Deseñamos experiencias a medida segundo o teu público, espazo e obxectivos para converter a aprendizaxe nunha experiencia práctica e memorable. Desde a cociña sostible ata a reutilización creativa de materiais, combinamos diversión, participación e conciencia medioambiental. Imos cociñar a túa propia aventura!
TEMÁTICAS E EXPERIENCIAS
♻️ Reutilización creativa e economía circular
Dálle unha segunda vida a materiais cotiáns mediante talleres creativos e colaboracións con artistas e outros proxectos. Desde caixas de cartón ata rodas de bicicleta, descobre como transformar obxectos en desuso en novas creacións.
🤝 Experiencias creativas en colaboración
Creamos propostas xunto a artistas, asociacións e proxectos afíns para combinar creatividade, sustentabilidade e aprendizaxe, explorando novas formas de coidar a nosa contorna.
🌍 Reducir o desperdicio do campo ao prato
Coñece en que puntos do sistema alimentario xérase máis desperdicio e como podes marcar a diferenza.
🛒 Etiquetas de alimentos e datas de caducidade
Aprende a diferenciar entre “consumir preferentemente antes de” e “data de caducidade” para evitar desperdicios en casa ou en espazos compartidos.
🥕 Almacenamento intelixente de alimentos
Trucos sinxelos para conservar os alimentos frescos por máis tempo e reducir o desperdicio.
👵👧 Consellos interxeracionais para o cero desperdicio
Descobre prácticas sostibles herdadas doutras xeracións e como adaptalas á cociña moderna.
INFORMACIÓN
- Modalidade: Presencial ou virtual, segundo a actividade.
- Duración: De 1 a 2 horas, adaptable segundo a actividade.
- Grupos: Propostas adaptadas ao tamaño, as idades e as necesidades de cada grupo, desde grupos reducidos ata colectivos máis numerosos.
- Idiomas: inglés, español e galego
- Dieta: Nos talleres culinarios, traballamos con propostas 100% vexetais (Plant-based). Utilizamos ingredientes con glute, polo que estas actividades non son aptas para persoas celíacas nin para quen necesita seguir unha dieta sen glute.
- Impacto: Aproveitamos excedentes de froitas, verduras e pan para transformalos en deliciosos pratos, axudando a reducir o desperdicio alimentario e a fomentar hábitos máis sostibles. Tamén promovemos a reutilización creativa de materiais mediante actividades e colaboracións.
Ideal para grupos interxeracionais, actividades de team building, festivais, eventos culturais e gastronómicos, xornadas de sustentabilidade e proxectos de economía circular.
Hai para todos os gustos
Segue explorando obradoiros
Pekes Cocinillas
Inspirados nas estacións e nas celebracións ao longo do ano, os nosos obradoiros sen desperdicio son perfectos para que peques e maiores aprendan xuntxs.
PANaventuras
Aprende a transformar o pan duro en pratos 100 % vexetais e ben saborosos — desde petiscos ata sobremesas — nun obradoiro divertido de cociña sen desperdicio.
Festa Sensorial Sen Desperdicio
Unha experiencia gastronómica interactiva sen desperdicio onde os sentidos cobran vida e dá pé a conversas sobre prácticas sostibles.
Do Desperdicio ao Wow
Atrévete a cociñar sen receitas, guiándote pola túa intuición; transforma o desperdicio en creatividade e goza dun xantar 100 % vexetal.
Colaboramos por un futuro sen desperdicio?
Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades.
