PANaventuras
O Obradoiro do Pan Sobrante




- ¡O pan pode poñerse reseso, pero nunca no lixo! Aprende a aproveitar cada anaco con sabor e creatividade.
O QUE APRENDERÁS
🍞 Aproveitar todo o pan, ¡sen deixar nin as codias!
🍽️ Como reinventar o pan duro en receitas deliciosas coma os nosos “breakies”, tortilla de patacas, gazpacho, puddings de froita e moito máis.
🗄️ Trucos para conservar o pan durante máis tempo e evitar que se poña mofoso ou se reseque.
📚 A historia cultural e o poder cero desperdicio do pan na cociña do día a día.
INFORMACIÓN
- Modalidade: Presencial.
- Duración: 1.5 – 2 horas (cociñamos e comemos en grupo).
- Grupo reducido: 6–10 participantes.
- Idade: A partir de 18 anos. Tamén poden participar menores, sempre en compañía dunha persoa adulta que participe no taller.
- Idiomas: inglés, español e galego.
- Dieta: 100 % vegetal (plant-based). Utilizamos pan con gluten, por lo que el taller no es apto para personas celíacas ni para quienes necesitan seguir una dieta sin gluten.
- Impacto: Aproveitamos excedentes de froitas, verduras e pan para evitar que alimentos en bo estado desperdíciense e fomentar un consumo máis consciente.
Ideal para grupos interxeracionais, actividades de equipo, cociñas comunitarias, clubs de cociña e calquera persoa con curiosidade por cociñar de forma máis sostible e reducir o desperdicio alimentario.
Hai para todos os gustos
Segue explorando obradoiros
Peques Cocinillas
Inspirados nas estacións e nas celebracións ao longo do ano, os nosos obradoiros sen desperdicio son perfectos para que peques e maiores aprendan xuntxs.
Do Desperdicio ao Wow
Atrévete a cociñar sen receitas, guiándote pola túa intuición; transforma o desperdicio en creatividade e goza dun xantar 100 % vexetal.
Festa Sensorial
Unha experiencia gastronómica interactiva sen desperdicio onde os sentidos cobran vida e dá pé a conversas sobre prácticas sostibles.
Obradoiro á Carta
Repensemos o que adoitamos tirar e deseñemos xuntxs solucións á túa medida para impulsar un cambio real contra o desperdicio alimentario.
Colaboramos por un futuro sen desperdicio?
Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades.
