Peques Cocinillas

Cociñamos, xogamos e salvamos comida xuntxs!

👨‍👩‍👧 Inspirados nas estacións do ano e nas celebracións populares, os nosos obradoiros son perfectos para o aprendizaxe interxeracional. Peques e maiores mergullanse xuntos na cociña creativa e sen desperdicios da Avoa Sita — preparando dende divertidas árbores de Nadal comestibles ata petiscos arrepiantes e moito máis! 

POR QUE SON ESPECIAIS?
✅ Ingredientes frescos, de tempada e vexetais.
✅ Feitos con alimentos excedentes para fomentar hábitos sostibles.
✅ Inclusivos e divertidos, ideais para todo tipo de familias.
✅ Receitas creativas e prácticas que transforman o “desperdicio” en saborosas creacións.

INFORMACIÓN
🧑‍🍳 Formato: Presencial.
♻️ Impacto: Actuamos a nivel local, aproveitando excedentes de alimentos para evitar que ingredientes en bo estado se desperdicien.
🌱 Dieta: Comidas 100% vexetais. No apto para dietas sin glute.
⏱️ Duración: 1–1.5 horas (cocinado e comida juntxs).
👤 Idade: Familias ou peques acompañados por unha persoa adulta. Peques de 0 a 6 e de 6 a 12 anos.
👥 Grupo reducido: 6–12 participantes.
🗣️ Idiomas: Inglés, español o galego.

📌 BONUS
Ofrecemos actividades adaptadas para colexios, programas extraescolares, asociacións e entidades culturais ou sociais.

Hai para todos os gustos

Segue explorando obradoiros

Do Desperdicio ao Wow

Atrévete a cociñar sen receitas, guiándote pola túa intuición; transforma o desperdicio en creatividade e goza dun xantar 100 % vexetal.

PANaventuras

Aprende a transformar o pan duro en pratos 100 % vexetais e ben saborosos — desde petiscos ata sobremesas — nun obradoiro divertido de cociña sen desperdicio.

Festa Sensorial Sen Desperdicio

Unha experiencia gastronómica interactiva sen desperdicio onde os sentidos cobran vida e dá pé a conversas sobre prácticas sostibles.

Obradoiro á Carta

Repensemos o que adoitamos tirar e deseñemos xuntxs solucións á túa medida para impulsar un cambio real contra o desperdicio alimentario.

Colaboramos por un futuro sen desperdicio?

Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades. 

Scroll ao inicio