Asesoramento
Planes de optimización • Estratexias de reducción • Implementación cociña sostible • Receitas & menús de aproveitamento • Lei Española de Desperdicio Alimentario
Asesoramento en Redución do Desperdicio Alimentario
En Grandma Sita ofrecemos orientación personalizada a persoas, organizacións e comunidades que queren reducir o desperdicio de alimentos e adoptar hábitos máis sostibles na cociña.
Acompañamos a proxectos que buscan transformar a súa forma de xestionar os alimentos, axudando a converter os obxectivos de cero desperdicio en rutinas do día a día con impacto real e duradeiro.



Unha cociña máis sostible
O noso asesoramento combina coñecemento práctico, creatividade culinaria e enfoque educativo para axudar a reducir o desperdicio alimentario de forma efectiva.
Traballamos para identificar oportunidades de mellora, optimizar o aproveitamento dos alimentos e desenvolver estratexias que faciliten cambios reais e sostibles na cociña.
Ademais, ofrecemos asesoramento especializado para evitar o desperdicio alimentario e promover a aplicación da Lei Española de Desperdicio Alimentario, axudando a proxectos e organizacións a adaptarse a este novo marco.
En que podemos axudarche
En Grandma Sita convertemos os teus obxectivos de desperdicio cero en accións reais e sostibles, adaptadas ao teu fogar, empresa ou proxecto. Axudámosche a reducir o desperdicio alimentario, adoptar hábitos de cociña consciente e xerar impacto positivo.
Plans de optimización de cociña e recursos
Estratexias efectivas para reducir o desperdicio alimentario
Deseño de iniciativas de sensibilización e cambio de hábitos
Implementación de hábitos de cociña sostible
Desenvolvemento de receitas, menús e prácticas de aproveitamento
1/2025 Lei Española de Desperdicio Alimentario
Transformemos o desperdicio en acción
Se o teu proxecto, organización ou comunidade quere reducir o desperdicio alimentario e avanzar cara a unha xestión máis sostible dos alimentos, estaremos encantados de acompañarche.
-
Modalidade: presencial o virtual
Idiomas: inglés, español o galego
Tarifas: variables segundo o número de sesións — contactar para máis información.
Contacta con Grandma Sita e empecemos a transformar os obxectivos de cero desperdicio en accións reais.
servizos
Colaboremos e desperdiciemos menos!
Colaboramos por un futuro sen desperdicio?
Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades.
