Nós

A salsa secreta de Grandma Sita

A nosa homenaxe

Grandma Sita – Un tributo a Rosita

Todxs temos un punto de partida, e o noso naceu na cociña acolledora de Rosita, a querida avoa de Elena en Vigo, Galicia. Grandma Sita é unha homenaxe chea de agarimo á súa figura; “Sita” é o alcume afectuoso que xorde de Rosita.

Desde pequena, Elena aprendeu da súa avoa a importancia de cociñar con produtos de tempada, aproveitar cada ingrediente e non malgastar nada. Esa sabedoría, tan sinxela como valiosa, segue inspirando o noso camiño hoxe en día, nunha homenaxe a todas as avoas que puxeron —e seguen a poñer— amor e creatividade en cada prato.

O noso compromiso

A misión dunha avoa

En Grandma Sita cremos que o cambio real comeza nas decisións do día a día, especialmente na cociña. Por iso, poñemos o foco na educación, na creatividade e na comunidade para combater o desperdicio alimentario desde a súa raíz.

A través de eventos comunitarios, obradoiros interxeracionais e contido en liña, axudamos a redescubrir o pracer de cociñar e compartir mesa — ao tempo que impulsamos pequenos xestos capaces de xerar grandes cambios.

Inspirámonos na sabedoría tradicional e deixámonos guiar polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), mesturando o antigo co moderno para demostrar que vivir de forma sostible pode ser sinxelo, accesible e delicioso.

Os nosos valores

A sostibilidade comeza na casa

Educación para o Cambio

Creando conciencia sobre o desperdicio alimentario e a gastronomía sostible a través de obradoiros prácticos, charlas e contacontos, porque o coñecemento é o primeiro paso cara ao cambio.

Desperdicio Cero

Axudamos a transformar sobras e produtos de tempada en pratos 100% vexetais con mínimo desperdicio, facendo que cociñar con responsabilidade sexa sinxelo e delicioso.

Xeracións Unidas

Xuntamos persoas de todas as idades para compartir tradicións, habilidades e historias — tal e como facían as nosas avoas. Trátase de construir comunidade e transmitir con agarimo a sabedoría culinaria.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

A nosa contribución

recoñecementos

Avanzamos con propósito

Grandma Sita naceu en Copenhague, en plena pandemia, a raíz da experiencia no programa de intercambio Erasmus for Young Entrepreneurs (EYE) e co apoio do Danish Institute for Sustainable Innovation & Entrepreneurship (DISIE)

O recoñecemento de Grandma Sita como finalista á mellor Food Startup dinamarquesa na competición GOe On The Road! – Copenhagen do Basque Culinary Center (BCC), organizada polo Danish Startup Group (DSG), reforza a nosa convicción de que o gran reto das cociñas actuais é a falta de coñecemento sobre os alimentos: aprender a respectar, conservar e transformar o que xa temos.

Desde Galicia, no noroeste de España, seguimos medrando con compromiso, impulsando iniciativas locais e globais que promoven unha cultura culinaria consciente e sen desperdicio —respectando o planeta, recuperando coñecementos alimentarios e coidando do futuro, comida a comida.

FORMAMOS PARTE DE

O equipo

Coñece á familia Grandma Sita

Detrás de Grandma Sita non hai só un equipo, senón unha familia de persoas apaixonadas pola comida, defensoras do planeta e mentes inquedas que cren que mesmo a pel dunha cenoria ou o pan duro merecen unha segunda vida. 

Pensa en nós como eses amigxs larpeirxs que nunca deixan de experimentar na cociña, rescatando ingredientes e demostrando que a gastronomía sostible pode ser saborosa, creativa e ao alcance de todos.

Ao final do día, a familia Grandma Sita non somos só “nós” — tamén son todas as persoas que se unen á aventura: socixs, voluntariado e amizades coma ti, que saben que a comida é demasiado valiosa para malgastar.

Unamos forzas

Xuntxs estamos cociñando o cambio

A través de aparicións en medios, obradoiros e actividades participativas, cada colaboración achéganos un paso máis cara a un sistema alimentario máis xusto e sostible. Estes fitos recórdanos que o verdadeiro cambio comeza compartindo ideas… e tamén comidas.

Traballamos man a man con bancos de alimentos, asociacións, ONGs, institucións, startups, mercados locais e festivais para crear un impacto positivo — achegando educación alimentaria, prácticas de desperdicio cero e moita creatividade plant-based.

Proxectos recentes

¡Colaboremos e desperdiciemos menos!

Mandís reciclados

Unisex, axustables, feitos a man, sen residuos e con moito agarimo.

Xogo para móbil

Un xogo de memoria que mestura tradición, tecnoloxía e diversión.

Desafío culinario

Tradición e creatividade reinventa receitas familiares cun toque vexetal.

Calendario de tempada

Comer de tempada significa sabores frescos e menos desperdicio.

Colaboramos por un futuro sen desperdicio?

Tes algunha idea ou proxecto en mente que che gustaría compartir? Encantaríanos saber máis sobre o que estás a facer e explorar oportunidades. 

Scroll ao inicio